MAQUIAVELO (1469-1527): FUNDADOR DA FILOSOFÍA POLÍTICA MODERNA

1. O humanismo renacentista. A Libertade do home.

Xorde o denominado humanismo renacentista como movemento cultural e político que sitúa ó home no centro do interese (visión antropocéntrica) fronte ás etapas anteriores donde ese centro era ocupado por Deus e os dogmas que facían referencia ó mesmo (teocentrismo medieval como o exposto na patrística e a escolástica). Esta visión humanista vai acompañada por unha visión da natureza como ámbito de desenvolvemento do home e unha consideración optimista no progreso.

2. O retorno ó principio.

Un dos elementos fundamentais que caracterizan ó renacemento é o retorno ós antigos que terá que ser entendido como retorno ó principio. O retorno ó principio significa volver a aquelo que dá forza e vida a cada cousa, volver a aquelo do que depende a conservación e o perfeccionamento de todo ser. Volver ós principios significa reducción dos feitos políticos ós principios, volver á definición da orixe como estratexia de solución do presente que se plantexa problemático.
O retorno á antigüidade clásica supón pois o retorno do home a sí mesmo e realiza e asegura a verdadeira conquista da personalidade humana. Un retorno á valoración da cultura grecorromana que vai a ser reinterpretada desde os diferentes ámbitos (cultura, pintura, escultura, valor do home, etc...).

3. O nacemento dunha nova disciplina: a Ciencia Política

A política asume que como disciplina debe desenvolver unha nova forma de ensinanza, de contido pedagóxico: a ensinanza política débese realizar a partir dunha análise, interpretación e uso da historia. A historia é o libro no que aparecen os distintos ensaios nos que se reflicten as grandezas, os éxitos e os fracasos ou miserias dos proxectos políticos e das súas formas.

4. O modelo de Roma. A lei, a norma, a orde

Roma e o modelo político e lexislativo desta cidade ocupan pois un referente permanente, o principal referente para as teorías de Maquiavelo. Roma, asegura Maquiavelo, fixo posible combinar e convivir dous elementos fundamentais en todo ordenamento político: a riqueza e a virtude.

A libertade debe ser libertade de elección sempre no marco dunhas normas dunhas leis que rixan esa posibilidade. Non se acepta pois a libertade de elección sen normas por ser considerada un risco. Son as leis as que garantizan o recto obrar pois son as garantes desa liberdade de elección. As leis garantizan que a virtude sexa posible no respeto e salvagarda da riqueza. Logo, tanto a riqueza como a libertade de elección, ou a virtude son elementos decisivos, esenciais para a supervivencia, a defensa e a estabilidade da República e polo tanto teñen que ser os que definan os principios universais para tódalas repúblicas. E estos elementos esenciais, recorda Maquiavelo, déronse en perfecta armonía e convivencia no modelo de República que recolle da antiga Roma. Roma configúrase coma o modelo de perfección política. Esta perfección mídese polo respeto á capacidade de obrar e a permanencia desa forma ou modelo de vida e convivencia política no tempo.

5. A visión pesimista da natureza humana. O realismo político.
Así o que está a defender Maquiavelo é que tódolos feitos humanos estean sempre referidos ó terrenal, ó real e concreto, ó posible humano. Esto é o que define a súa postura realista, o realismo da natureza e das accións humanas das que forma parte importante a acción política. O que interesa para o estudio é a natureza humana. Pero esta natureza, que de inicio non é boa nin mala, amosa moitas veces na orde práctica graos de ambición, paixóns e desexos insaciables, perversión e, en definitiva unhas actitudes de maldade que non son dignas de confianza. Logo, a natureza humana amosa na práctica ó home como un ser ambicioso, voluble.

6. A separación de ética e política
O home é autónomo no obrar, decide libremente cales son as súas accións. Logo, o home decide libremente por riba de preceptos éticos, metafísicos ou relixiosos. A liberdade última está sempre nel. A Maquiavelo, non lle importa o <<deber ser>> da ética nin o referente ó trascendente ou a conceptos abstractos ou máis alá do terrenal, non lle importa pois como debe ser un Estado senón como é un Estado, non se trata de saber como debe comportarse un Príncipe cos seus gobernados senón como en realidade se comporta. O principe necesita sempre dar resposta ás circunstancias concretas que en cada caso se lle presentan e non pode deixarse levar polo <<deber ser>> ético.
Separar á política da ética, da metafísica e da relixión supón apartala do emprego dos universais (da bondade, da perfección, etc. antes tan referenciados no pensamento medieval para suxeitar o feito político ó divino (a Deus)) e situala sempre no concreto. O feito político, as accións políticas non se refiren á bondade senón ó bo, non á perfección senón ó perfecto, etc. A política coa súa grandeza e coa súa miseria está sempre referida ó home, ás posibilidades reais do ser humano e, polo tanto, realizase sempre no mundo sen referencia a nada que trascenda a liberdade e ó propio home.

7. O Príncipe
O Príncipe como obra está dirixida a un soberano que goberne un Estado e os seus contidos preséntanse como proposta ou finalidade de aconsellalo de como debe manteñer o seu mando coa maior eficiencia posible. Esta eficiencia é a misión que ten a teoría política. Un Príncipe que teña as seguintes características: capacidade personal. ser un forxador de Estado, unha calidade extraordinaria, especialmente a prudencia, terá que posuír a gran virtude, altura de miras para construír unha república de cidadáns libres e respetuosos coas leis.
Ó Príncipe correspóndelle pois a tarefa de realizar o proxecto de constituir unha república de cidadáns libres que asuman e respeten as leis e os costumes, é dicir, lograr que se comparta unha ética común. Pero para facer común esta ética é necesario que primeiro lle sexa esixible a quen manda, ó principe. Só un Príncipe que posúe virtude como forza creativa é quen de manteñer a súa posición política de mando e dirección política e de asegurar o desexado benestar dos seus súbditos.

8. Diferencias entre O Príncipe e os Discursos:
- En primeiro lugar, a segunda obra non foi escrita dentro do contexto de desesperación e aillamento do Príncipe, isto fai pensar ós analistas que a razón estaría no fondo máis mesurado respecto da visión da política que ofrece.
- En segundo lugar, os discursos son unha obra máis plausible, madura e moderada.
- En terceiro lugar, a principal idea é a defensa do sistema republicano de goberno seguindo o modelo da república romana. Nesta obra xa non se trata de definir a figura do principe senón analizar como un cidadán pode ser libre dentro dun Estado que é, á súa vez, tamen libre e autónomo. Neste aspecto, Maquiavelo acepta o pensamento de Aristóteles para quen a libertade individual e o autogoberno poden alcanzarse só dentro dun Estado que é tamen libre e autónomo.
- Unha cuarta diferencia é a aceptación que agora fai do colectivismo. Nos discursos Maquiavelo cre no poder do pobo, e por iso escribe para o pobo. Impensable na obra O Príncipe, o que agora expresa nos Discursos: <<O pobo é máis prudente, máis estable e ten mellor xuízo que o Príncipe>>.

9. A virtude
A virtude en Maquiavelo é a principal esixencia para a figura do Príncipe. Pero a virtude defendida por Maquiavelo esta separada do moral, é propiamente política e defínese coas características de: Vigor e saúde; Astucia e enerxía; Capacidade de previsión e planificación; Tenacidade.

10. A razón de Estado
O Estado é o elemento que unifica tódalas vontades e polo tanto que debe unificar os intereses individuais nos xerais. En base a esta importancia se xustifica o interés do Estado como algo inquebrantable que se sitúa por riba de calquer outro interés ou imperativo individual ou grupal.
Así entendido, o Estado e os seus intereses sempre aparecen como fin (obxectivo superior) para os cidadáns e por elo terán que comprender e asumir que calquera dereito está suxeito ó dereito superior do Estado. Os fins comúns e o ben común son un principio político incuestionable, para Maquiavelo, polo que debe ser aproblemático (á marxe de calquer problema), amoral (á marxe de calquer valoración).